Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Goberno lanza a reforma do delito de sedición

O Goberno lanza a reforma do delito de sedición

Reducirá as penas por ese tipo de actos de 15 a 5 anos máximo

O líder do PP cre que a decisión é "irresponsable e contraria aos valores democráticos"

Antón Montero 11/11/2022 21:52

A proposta, que xa está no Congreso, vaise tramitar pola vía de urxencia e podería estar aprobada antes de que remate o ano. Elimina do Código Penal o delito de sedición e crea o de desordes públicas agravadas.

Os mesmos feitos pasarían de estar penados cun máximo de 15 anos a un máximo de 5. PSOE e Unidas Podemos xustifícano pola necesidade de homologarnos co resto de Europa o que, de paso, eliminaría algunhas das trabas que impediron, por exemplo, a entrega de Carles Puigdemont.

Patxi López, voceiro do PSOE no Congreso, explica que "ao non existir o delito de sedición nos países da nosa contorna, a colaboración xudicial con eses países non foi posible porque se requiría un tipo de delito homologable que non existía e iso impediu, entre outras cousas, as extradicións".

Segundo Jaume Asens, presidente do Grupo Parlamentario de Unidas Podemos"Isto non é ningunha traizón ou humillación a España, como di a dereita. Isto é democracia e equipararnos a Europa".

ERC celebra a medida

Pero a reforma tamén beneficiaría o expresidente catalán e os outros fuxidos, quede seren condenados, recibirían dun castigo menor.

Tamén se acurtan os prazos para a prescrición dos delitos e o tempo de inhabilitación que aínda pesa sobre Oriol Junqueras e outros indultados do procés.

Pere Aragonès, presidente da Generalitat de Cataluña, cre que "é un paso importantísimo para conseguir o obxectivo de poñerlle fin a toda forma de represión".

A oposición, en contra

O presidente de Vox, Santiago Abascal, tachou a medida de traizón, e a líder de Ciudadanos, Inés Arrimadas, animou o Partido Popular a presentar unha moción de censura. O líder popular acusa a Sánchez de aceptar a chantaxe dos independentistas.

Alberto Núñez Feijóo dixo que "lexislar delitos á carta daqueles que os cometeron e que anunciaron a súa vontade de reincidir é irresponsable e contrario aos valores democráticos".

Feijóo pediulles aos dirixentes socialistas desconformes coa medida que impidan que saia adiante. Os de Aragón, Estremadura e Castela-A Mancha xa a criticaron.

O manchego Emiliano García-Page ironizou con que "estamos en plena escalada dos prezos e o único que se vai abaratar é o ataque á Constitución".

EH Bildu xa adiantou o seu apoio á reforma. Tamén o voceiro do PNV, Aitor Esteban, ve lóxico modificar unha regulación decimonónica.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade