O Goberno recorrerá ante a ONU e a UE as leis de concordia do PP e Vox
O Goberno recorrerá ante a ONU e a UE as leis de concordia do PP e Vox
O Executivo alertará nestas institucións da "posible violación de varias disposicións do convenio de dereitos humanos"
O Goberno de Pedro Sánchez levará ás Nacións Unidas, ao Parlamento europeo e o Consello de Europa a ofensiva contra gobernos autonómicos de PP e Vox pola derrogación da lei de memoria democrática en Aragón e as chamadas leis de concordia presentadas na Comunidade Valenciana e Castela e León.
Fontes do Goberno avanzaron este xoves que, ademais da súa intención de levar estas leis ao Tribunal Constitucional, recorrerán ao relator especial da ONU sobre Verdade, Xustiza e Reparación e ao relator de Execucións Extraxudiciais para que avalíen a conformidade destas iniciativas.
Ademais, promoverá o debate sobre estas leis no Parlamento europeo e poñerase en contacto co Consello de Europa para alertar da "posible violación de varias disposicións do convenio de dereitos humanos".