O Goberno mellorará a xubilación activa dos médicos de atención primaria
O Goberno mellorará a xubilación activa dos médicos de atención primaria
Poderán cobrar o 75 % da prestación e seguir traballando
O obxectivo é suplir a falta de profesionais nos centros de saúde
O Goberno quere incentivar os médicos de atención primaria, os de familia e os pediatras, para que atrasen a xubilación e así solucionar algo o problema de falta de persoal nos centros de saúde.
Poderán seguir traballando e cobrar un 75 % da pensión de xubilación. Unha opción que ata agora só era posible para os facultativos da sanidade privada.
A medida anunciárona os ministros de Sanidade e da Seguridade Social. Queren que entre en vigor o antes posible e en principio manteríase durante tres anos.
Permitirán, ademais, un réxime de xubilación activa parcial, co 50 % da xornada.
O Goberno xa trasladou a proposta ás comunidades autónomas e tivo moi boa acollida, segundo explicou José Luis Escrivá.