Cargando resultados...
O Goberno negocia con Bruxelas evitar o pago por circular nas autovías
O Goberno negocia con Bruxelas evitar o pago por circular nas autovías
As peaxes eran un requisito pactado a cambio dos Fondos de Recuperación
O goberno busca agora medidas alternativas para evitar ese pagamento
Bruxelas sinala avances na addenda do plan español que inclúe a retirada de peaxes
G24.gal
21/09/2023 08:40
O Goberno negocia agora con Bruxelas non pagar polo uso das autovías.
Era unha medida que España comprometera coa Comision Europea xa para o ano que vén, como condición para recibir os fondos europeos de recuperación.
Agora a ministra de Transportes presentou medidas alternativas para fomentar o transporte sostible, como manter os descontos nos trens que rematan en decembro.
Nos próximos días, Bruxelas terá que confirmar se esas propostas son suficientes para evitar a implantación das peaxes nas vías de alta capacidade.