O Goberno non compromete polo momento a construción do dique seco de Navantia Ferrol
O Goberno non compromete polo momento a construción do dique seco de Navantia Ferrol
A unha pregunta do PP no Senado, responde que a infraestrutura está "en estudo"
O Partido Popular interpelou o Goberno no Senado para que concrete a data de construción do dique seco en Navantia, unha vella demanda dos estaleiros de Ferrol.
A ministra de Facenda dixo que a infraestrutura aínda está en estudo, pero asegurou que o futuro de Navantia está garantido grazas á súa xestión.
Juan Juncal, do PP, dicía: "No ano 2014 o seu xefe de filas, o presidente Pedro Sánchez, dicía que tan pronto gobernase faría o dique. E asumíao como un compromiso persoal e da executiva socialista. Pois mire onde estamos e, malia as nosas reiteradas peticións, non fixeron nada".
Así lle contestou María Jesús Montero, ministra de Facenda: "Ao Goberno pódenselle criticar moitas cousas, pero desde logo non se pode negar que fixo de Navantia unha empresa solvente. Foi este Goberno o que posibilitou o futuro desta empresa tan importante para a economía española"