Publicador de contidos
Publicador de contidos

Modificación dos contratos lácteos cando se incrementen os custos de produción alleos 

Modificación dos contratos lácteos cando se incrementen os custos de produción alleos 

O Goberno obrigará a revisar o prezo do leite coa suba dos custos de produción

A revisión farase efectiva a pesar de que se asinara un contrato a prezo fixo

A industria láctea acepta negociar unha suba no prezo do leite en orixe

G24.gal 21/12/2021 18:57

O Goberno vai obrigar a revisar o prezo de compra do leite nos contratos de longa duración cando se incrementen os custos de produción que non dependan do gandeiro, aínda que o contrato se firmara a prezo fixo.

Pedro Sánchez fixo o anuncio na sesión de control do Senado co obxectivo de "garantir os prezos xustos aos produtores" ante a crise que atravesa o sector.

O presidente do Goberno reiterou o carácter estratéxico do sector primario e salientou a actividade sacrificada que realizan os gandeiros acotío.

Segundo as cifras oficiais, entre xaneiro e outubro a redución das súas marxes de beneficio nun 52 %.

Lei da cadea alimentaria

Pedro Sánchez asegurou que se porán en marcha todas as medidas necesarias para asegurar que se cumpra a lei da cadea alimentaria.

A súa reforma foi aprobada recentemente polo Parlamento e inclúe aspectos como a prohibición da venda a perdas, o rexistro telemático de contratos ou a posibilidade de denunciar incumprimentos.

Investimentos para modernizar o sector

O presidente do Goberno tamén enumerou unha serie de investimentos para modernizar o sector agrario e mellorar a súa competitividade, especialmente nos ámbitos da eficiencia enerxética, do uso de enerxías renovables e da agricultura de precisión.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade