O Goberno poñerá "todos os resortes do Estado" para paliar os danos do Ebro
O Goberno poñerá "todos os resortes do Estado" para paliar os danos do Ebro
Sánchez agradece a previsión dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado
Visita esta tarde Buñuel, en Navarra, e Alfaro, na Rioxa, as vilas máis danadas pola enchente
Ca declaración de "zona catastrófica" o Goberno acelerará as axudas á poboación
O presidente do Goberno confirmou que o Consello de Ministros declarará zona catastrófica toda a franxa de Aragón, Navarra e A Rioxa afectada pola enchente extraordinaria do río Ebro e comprometeuse a aplicar "todos os resortes do Estado" para paliar os danos.
Pedro Sánchez visitou a vila zaragozana de Pradilla de Ebro, unha das máis castigadas, acompañado do presidente aragonés, Javier Lambán, ao que transmitiu a solidariedade do executivo e de toda a sociedade con esta e coas outras zonas das comunidades veciñas, que tamén visitará para avaliar os danos de primeira man.
Sánchez comprometeuse a resolver as perdas na agricultura, na gandería e nos fogares de xeito inmediato.
"A partir do venres vindeiro imos poñer todos os resortes do Estado para responder ás necesidades dos veciños e que recuperen o seu día a día no menor tempo posible", comprometeuse Sánchez.
O presidente destacou o labor dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado que traballaron arreo, dixo, para previr as consecuencias da riada.
Pola tarde, o presidente trasladouse a outras das vilas máis afectadas: Buñuel en Navarra e Alfaro na Rioxa.