O Goberno prevé abrir o tramo Melide-Palas de Rei da autovía A-54 a finais de ano
O Goberno prevé abrir o tramo Melide-Palas de Rei da autovía A-54 a finais de ano
Óscar Puente anunciou que no verán estará dispoñible a ligazón da AP-9 coa A-54 en Santiago
Estiman que o tramo Vilaboa-A Ermida da A-5, que unirá A Coruña-O Porriño, tamén quede listo para finais de ano
O ministro de Transportes e Mobilidade Sostible, Óscar Puente, anunciou este xoves que está prevista a apertura ao tráfico a finais de ano do tramo entre Melide e Palas de Rei da autovía A-54, que une Lugo con Santiago de Compostela.
Así o sinalou no acto de presentación do Plan Director do Corredor Atlántico que tivo lugar na Coruña tras a súa chegada desde Madrid nunha simulación comercial dos trens Avril, que comezarán a operar o vindeiro 21 de maio.
Entre outras estradas, o ministro tamén explicou que no verán estará dispoñible a ligazón Orbital da AP-9 coa A-54 en Santiago de Compostela.
Na provincia de Pontevedra, o Goberno conta con finalizar o tramo Vilaboa-A Ermida da autovía A-57, que unirá A Coruña-O Porriño, tamén para finais de ano.
Outro dos anuncios que fixo Puente é que nos vindeiros meses someteranse a información pública as alternativas do tramo de autovía O Porriño-Vigo para obter a declaración de impacto ambiental, para poder redactar o proxecto do trazado.