O Goberno prohibirá a publicidade de doces e bebidas calóricas dirixida á rapazada
O Goberno prohibirá a publicidade de doces e bebidas calóricas dirixida á rapazada
A nova relugación da publicidade de alimentos dirixida a menores de 16 años comezará a aplicarse en 2022, segundo anunciou o ministro de Consumo,
O Ministerio de Consumo prohibe a publicidade de doces e bebidas ricos en azucres e graxas que se emitan en televisión, radio, cines e webs con contidos dirixidos a menores de 16 anos. A emisión publicitaria deste tipo de alimentos considerados nocivos pola OMS regularase a través dun real decreto que está previsto que entre en vigor o próximo ano.
O ministro de Consumo, Alberto Garzón, di que o principal obxectivo é loitar contra a obesidade infantil e xuvenil que, en España, ofrece cifras preocupantes.
Garzón dixo que o procedemento será rápido e prevese para o próximo ano "O traballo está feito. Temos os informes pertinentes para adaptar estes perfís nutricionais da Organización Mundial da Saúde (OMS) ao sistema de regulación e xa se falou coa Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia".
Así mesmo, engadiu que hai evidencias de que as distintas estratexias postas en marcha desde hai máis dunha década para diminuír a obesidade e o sobrepeso infantil, como o código de autorregulación Paos establecido pola propia industria, foron algo "do todo insuficiente"
"En España o sobrepeso é do 23,3 % e a obesidade do 17,3 %. A suma supera o 40 % para os nenos de entre 6 e 9 anos. Son cifras alarmantes e preocupantes", alertou o ministro, e engadiu que estas cifras son o dobre entre as familias máis humildes que entre as máis adiñeiradas, segundo o informe Aladino.
Publicidade para cinco categorías
A norma afectará a publicidade para cinco categorías de produtos: a primeira é a de confeitería de chocolate e azucre, barriñas enerxéticas e coberturas doces e sobremesas; ségueo o grupo de alimentos que inclúe pasteis, galletas doces e demais produtos de pastelería, e tampouco se poderán anunciar outras tres categorías que inclúen os zumes, as bebidas enerxéticas e os xeados.
Para o resto de categorías de produtos establécese un límite de contido en nutrientes por cada 100 gramos, e neste caso, poderanse anunciar a condición de que as graxas totais e saturadas, o azucre total e engadido e os niveis de sal se manteñan por baixo dos límites establecidos cada produto.
Garzón dixo que este marco regulatorio -que non será necesario que pase polo Congreso e entraría en vigor cando pase o trámite do Consello de Ministros- é similar ao de países como o Reino Unido, Portugal e Noruega, e explicou que, a partir destas premisas, as empresas poderán ter a súa propia autorregulación sempre que supoñan unha protección superior á norma.