Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Goberno quere regularizar migrantes sen papeis para sectores en que non hai traballadores

O Goberno quere regularizar migrantes sen papeis para sectores en que non hai traballadores

Organizacións que traballan con inmigrantes calculan que hai medio millón de estranxeiros en situación irregular

Máis de 3.000 estranxeiros residentes en Galicia obtiveron a nacionalidade española en 2021

G24.gal 03/06/2022 15:52 Última actualización 03/06/2022 19:03

O Goberno prepara unha reforma normativa para incorporar traballadores estranxeiros ao mercado laboral. A iniciativa implica modificar a Lei de estranxeiría para facilitar a regularización de inmigrantes, reforzar a contratación nos países de orixe e permitir, tamén, que os estudantes estranxeiros se incorporen ao mercado laboral.  

O borrador do real decreto que deseñou o Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións propón a creación do "arraigamento por formación", seguindo o modelo alemán. A argumentación para poñer en marcha esta reforma é eminentemente económica porque a lexislación de estranxeiría española caracterízase polos procedementos lentos.

Non hai datos oficiais, pero organizacións que traballan con inmigrantes en España calculan que hai medio millón de estranxeiros en situación irregular. O obxectivo é cubrir vacantes en sectores que demandan man de obra, como o transporte, o campo, a hostalería ou a construción.

A normativa que se pretende reformar esixe, no caso do arraigamento laboral, que o estranxeiro permanecera en España durante dous anos e que traballara de maneira regular ou irregular durante un período acreditado de seis meses.

No caso do arraigamento social, esixirase acreditar un período de permanencia en España de tres anos e ter vínculos familiares. Tamén se aceptará un informe que acredite a súa inserción na sociedade ou un contrato cunha duración mínima dun ano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos