Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Goberno rectifica e Margarita Robles acompaña o Rei no último día de viaxe polo países bálticos

O Goberno rectifica e Margarita Robles acompaña o Rei no último día de viaxe polo países bálticos

Ningún ministro acompañou a Filipe VI a Estonia, Lituania, A Arxentina ou Guatemala

G24.gal 25/06/2024 14:47

Filipe VI estivo o domingo en Estonia. E o luns visitou Lituania. Nin en Tallin nin en Vilna estivo acompañado por un ministro de xornada, como se coñece o ministro do Goberno que acompaña os reis nas viaxes oficiais ao estranxeiro. 

Nin en decembro á toma de posesión de Javier Milei nin en xaneiro á de Arévalo de León en Guatemala viaxaron ministros co rei. Foron secretarios de Estado. E a esta viaxe oficial aos países bálticos estaba previsto que o acompañara o xefe do Estado Maior da Defensa. Non o puido facer e o rei viaxou só a unha viaxe que non era unha máis. Cun alto contido político pola ameaza que para os países bálticos supón a proximidade coa fronteira rusa.

Á ausencia da representación do Goberno nos dous primeiros días de viaxe polos países bálticos referiuse dende o Partido Popular Miguel Tellado. 

O Goberno rectificou, pero Margarita Robles, ministra de Defensa, só chegou para acompañar o rei na visita ás tropas do Exercito de Terra despregadas na base militar de Adazi.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade