Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Goberno responde ás críticas dos empresarios: "Son extemporáneas"

O Goberno responde ás críticas dos empresarios: "Son extemporáneas"

CEPYME acusa o executivo de acosalos e querer implantar teses comunistas

Sumar pídelles que rebaixen o ton e senten negociar

Manifesto sen precedentes das pequenas e medianas empresas contra o executivo
G24.gal 04/07/2024 14:27

"Declárome farto". A pequena empresa estala contra o Goberno. Nun manifesto sen precedentes, Cepyme acusa o executivo de acosalos e pide que cesen eses ataques. No centro da diana dos empresarios, o Ministerio de Traballo. Sosteñen que tentan implantar "teses comunistas".

O ministro de Economía, Carlos Cuerpo, considera que o manifesto conten declaracións "extemporáneas", pero confía en conseguir un acordo con patronal e sindicatos para a reducir a xornada laboral. 

O presidente da CEOE, Antonio Garamendi, evitou alimentar, aínda máis, o malestar. Pide moderación e comprometeuse a seguir na mesa de negociación. Este intercambio de mensaxes, prodúcese en pleno enfrontamento entre as organizacións empresariais e o Executivo pola iniciativa a vicepresidenta segunda, Yolanda Díaz, de implantar unha redución de xornada laboral de 40 a 37,5 horas a partir de xaneiro de 2025, aínda sen o visto e prace das organizacións empresariais.

Nas últimas horas, Díaz deu marcha atrás e decidiu deixar en nada o ultimato que lle dera a patronal. Este luns vai presentar outra proposta a CEOE para intentar o acordo ou rachar definitivamente a negociación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade