Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Congreso valida a reforma das pensións

O Congreso valida a reforma das pensións

Fronte á maioría, a reforma contou co rexeitamento de PP e Ciudadanos, e saíu con 179 votos a favor, 104 en contra e 61 abstencións

Os grupos poderán negociar cambios durante a súa tramitación como proxecto de lei

G24.gal 30/03/2023 07:36

O real decreto, tramitarase como proxecto de lei. Sumou 179 votos a favor, co apoio de ERC, PNV, Compromis ou Más País, entre outros; 61 abstencións, con Vox e EH Bildu, e 104 rexeitamentos.

O pleno do Congreso dos Deputados validou este xoves o real decreto co que o Goberno de coalición culmina a reforma das pensións e que sumou o apoio do bloque de investidura fronte ao rexeitamento de PP e Cidadáns.

O ministro de Inclusión e Seguridade Social considera que a reforma convalidada este xoves garante as pensións do presente e do futuro, "sen recortes nas contías das pensións". José Luis Escrivá defendeu no Congreso que se trata dunha reforma "moi rigorosa, tecnicamente, que constitúe unha referencia para outros países europeos".

Na defensa da norma Escrivá destacou que se culmina unha reforma que nace do "grande acordo social e político" do Pacto de Toledo, cumpre os fitos comprometidos con Bruxelas e deixa un sistema "reforzado", que elimina incertezas e "protexe os mozos".

A voceira do PP Cuca Gamarra defendeu o voto  en contra da reforma, porque de momento non recibiron do Goberno a información que testemuñe que a reforma de pensións garantirá a sustentabilidade do sistema.

A reforma, con numerosas medidas para elevar os ingresos, busca garantir a "sustentabilidade, suficiencia e equidade" do sistema de pensións fronte ao pico de gasto previsto para finais de 2040 coa xubilación da denominada xeración do 'baby boom', segundo defendeu o ministro de Inclusión, Seguridade Social e Migracións José Luis Escrivá.

Xunto ao reforzo dos ingresos, vía alza das cotizacións fundamentalmente para os salarios máis altos, a reforma recolle medidas para reducir a fenda de xénero e a posibilidade de elixir manter o período de cómputo actual de 25 anos para calcular a pensión ou o progresivo modelo de 29 anos descartando os dous peores.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade