Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Goberno ve "lóxico" que os condenados polo 'procés' pidan a absolución

O Goberno ve "lóxico" que os condenados polo 'procés' pidan a absolución

A reforma do Código Penal que suprime o delito de sedición e rebaixa o de malversación entre en vigor mañá xoves

Os condenados polo 1-0 queren que se lle levante a pena de inhabilitación para poder optar a presentarse as próximas eleccións

O Goberno reivindica que o procés xa rematou
G24.gal 11/01/2023 14:34

Os líderes do procés vanlle pedir ao Supremo que os absolva de todos os delitos polos que os condenaron en 2019.  O Goberno avala a estratexia e defende que ese "é un paso lóxico". 

A reforma do Código Penal impulsada polo Goberno tiña varios obxectivos, pero este era un dos principais: que os líderes independentistas puidesen volver á vida pública, aínda que desde Moncloa negan que estes cambios "se fixeran pensando nas eleccións". 

Os avogados están rematando as solicitudes que van presentar no Supremo. Serán escritos de máximos. Iso quere dicir que van pedir a absolución total. Os líderes do procés queren quedar libres de todos os delitos, tamén das penas de inhabilitación. Esa é clave. Está en xogo que se poidan presentar ás eleccións ou poidan volver a ocupar cargos públicos. 

Este xoves entra en vigor a reforma do Código Penal que elimina o delito de sedición e modifica o de malversación. E nos próximos días o Tribunal Supremo vai abrir de oficio un expediente de revisión de sentenzas. As defensas dos condenados rexeitarán que no caso do 1 de outubro se poida aplicar o novo delito de desordes públicas agravadas. 

Os líderes do procés poderían beneficiarse desta reforma do Código Penal pero pode que non sexan os únicos. O xuíz que xulga a corrupción na empresa pública Acuamed propón rebaixar á baixa a acusación de malversación. O maxistrado apunta que a reforma penal do Goberno pode afectarlle a esta causa. Tamén as defensas do caso Kitchen estudan se o cambio os pode beneficiar.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade