O gordo de Nadal caeu hai catro anos en Vilalba
En 2017 tocaran en Vilalba 522 millóns de euros
A maioría dos agraciados cambiaron de coche e mercaron ou reformaron a vivenda
Na administración que repartíu a sorte aínda hoxe recordan o momento con emoción.
Case a metade dos 522 millóns de euros repartíronse no bar Cascudo de Vilalba onde o premio aínda se deixa sentir.
Un dos agraciados relata que xa pasaron catro anos pero que aínda o nota cando abre a carteira e ve que aínda quedan cartos.
O premio din foi moi repartido, achegou moita tranquilidade e poucas escentricidades. O máis común foi a compra de coches e vivendas.
No bar ademais de repartir sorte a familia tiña tres décimos. Apostaron por arranxar a bar e polo peculiar capricho de cada quen, o do fillo dos donos foi mercar un cortacesped no que ir sentado.
O que máis mudou foi a actividade da administración onde agora non para de ir a xente para mercar os seus décimos.