O gromo de gastroenterite xa afecta uns 300 veciños de Betanzos
O gromo de gastroenterite xa afecta uns 300 veciños de Betanzos
Sanidade restrinxiu, por precaución, o uso da auga da traída
O Concello vai comezar a repartir auga embotellada entre as familias máis vulnerables
Sanidade intensificou nas últimas horas os controis en distintos puntos da rede de abastecemento, pero a orixe do gromo de gastroenterite segue sen aparecer.
Porén os casos van en aumento. Este mércores son arredor de 300 os veciños afectados. Así que, para evitar riscos, Sanidade recomenda, por precaución, restrinxir o uso da auga da traída para o consumo, preparación ou lavado de alimentos e tamén para a hixiene bucodental ata novo aviso.
Malia que algún veciño segue indo á fonte, a inmensa maioría prefire mercala embotellada.
O Concello vai comezar a repartir agora auga embotellada entre as familias máis vulnerables. E é que desde que se detectou o gromo de gastroenterite o domingo pasado, que había 60 casos rexistrados en todo o concello, tres días despois a cifra quintuplicouse.