O Grove poxa polas mellores centolas para unha causa solidaria
O Grove poxa polas mellores centolas para unha causa solidaria
O vencendor foi unha centola macho de catro quilos e medio pola que pagaron 186 euros
A lonxa do Grove foi este venres o escenario dunha poxa moi particular. O que se vendía eran os mellores exemplares de centola, macho e femia, da xornada.
O vencendor é unha centola macho, de catro quilos e medio pola que pagan 186 euros. O seu dono fala dunha calidade este ano excelente.
Case a metade pesa a centola femia. Pola que o seu comprador pagou 200 euros. É máis pequena, pero a calidade da mesma é excelente.
Todo o diñeiro que se recadou doouse a unha asociación sen ánimo de lucro.
E nesa recadación solidaria e nas homenaxes que se fixeron esta tarde a este mariñeiro xubilado, está a gran protagonista, a centola do Grove que promete calidade e cantidade.