O Guardés quere dar un paso máis na Copa
O Guardés quere dar un paso máis na Copa
Décima participación na fase final da Copa da Raiña
A edición pasada caeu eliminado na final
O venres ás 13 h pola G2
O ano pasado o Guardés pasou a euforia por clasificarse para a final da Copa por primeira vez na súa historia ás bágoas por quedarse ás portas do título.
Patricia Lima: "Para o club é unha competición moi máxica, o pobo está ilusionado, máis por chegar á final o ano pasado. Temos unha espiña por quitar e oxalá sexa tan ilusionante como o ano pasado".
Esta é a décima participación do Guardés na fase final da Copa da Raíña. Dez de once. Este ano estréase o venres, fronte o Xixón, retransmitido en directo pola G2.
Patricia Lima: "Chéganos nun momento no que estamos moi ben, psicoloxicamente estamos moi positivas, levamos un par de partidos moi bos e a ver se podemos chegar a esas semis que tanto queremos".
A semifinal xogaríase o sábado co vencedor do duelo Bera Bera-Elxe
👑Estar en 10 de las últimas 11 Copas sabe a gloria.
— Mecalia Atlético Guardés (@Atlguardes_ofic) April 17, 2023
⚔️ Luchar de igual a igual contra gigantes sabe a gloria.
👷♀️El trabajo en la sombra de tantas personas sabe a gloria.
🏆La Copa sabe a gloria.
🥰 El Guardés sabe a Gloria.#SabeaGloriahttps://t.co/Xhpq0lcLZZ