Publicador de contidos
Publicador de contidos

O helicóptero de rescate buscou na Coruña unha persoa que puido caer ao mar

O helicóptero de rescate buscou na Coruña unha persoa que puido caer ao mar

Un viandante alertou este luns pola tarde de que se atoparan unhas muletas e algunhas pertenzas

G24.gal 24/10/2022 20:54

Na Coruña, o  helicóptero de rescate Helimer estivo na tarde deste luns sobrevoando as inmediacións da Torre de Hércules, en Punta Herminia, onde se busca unha persoa que puido caer ao mar.

O aviso deuno un viandante, que alertou de que na zona se atoparan unhas muletas e algunhas pertenzas. Aínda que ninguén viu nada sospeitoso no mar, Salvamento Marítimo decidiu facer un voo de recoñecemento na zona. De momento non se atopou nada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade