O hidroduto que unirá Guitiriz e Zamora queda fóra dos fondos europeos
O hidroduto que unirá Guitiriz e Zamora queda fóra dos fondos europeos
É o único tramo da infraestrutura española que Bruxelas non incluíu no Proxecto de Interese Común da Unión Europea
O pasado mes de abril a Xunta e Enagás asinaron un pacto para a súa construción cun custo aproximado duns 250 millóns de euros
O hidróxeno verde marca un reto tecnolóxico e oportunidades laborais na industria
O hidroduto que unirá Guitiriz e Zamora é o único tramo da infraestrutura española que quedou fóra da lista de proxectos que recibirán fondos europeos. A Xunta e Enagás asinaron o pasado mes de abril un pacto para a construción desta infraestrutura de 318 quilómetros.
O custo da construción deste hidroduto rozaría os 250 millóns de euros. O xefe de Goberno galego, Alfonso Rueda, sinalou meses atrás que o obxectivo da empresa era que a infraestrutura estivese operativa no 2030.
Ademais, o director executivo de Enagás, Arturo Gonzalo Aizpiri, engadiu que agardaban o recoñecemento da Unión Europea como Proxecto de Interese Común e a captación de axudas para levar a cabo a súa construción, con todo, como se confirmou este martes, o hidroduto entre Gutiriz e Zamora quedou excluído da lista de proxectos que recibirán fondos europeos.
A pesar disto, Enagás asegura que o desenvolvemento de proxectos coma este está nas súas "previsións" e mostra "o convencemento de que é un hidroduto moi relevante, clave para conectar a Galicia co resto da rede española e apuntalar o que será o hub enerxético do noroeste".
Por contra, si que poderían recibir financiamento comunitario unha serie de instalacións españolas de produción de hidróxeno ou electrólise, que son as de Tarragona, Bilbao, Cartaxena, Asturias e o Val Andaluz do Hidróxeno Verde, así como dúas instalacións españolas de almacenamento de hidróxeno.
O H2Med, incluído no Proxecto de Interese Común da Unión Europea
A Comisión Europea (CE) incluíu o corredor de hidróxeno que conectará a península ibérica con Francia e Alemaña, coñecido como H2Med, na súa lista de 166 proxectos estratéxicos no sector enerxético que poden recibir financiamento europeo nun futuro. Espérase que a meirande parte dos proxectos estean terminados para o final desta década, pero "o foco está posto en 2040", explicaron fontes comunitarias.
O proxecto consta na lista como "Corredor Portugal-España-Francia-Alemaña" e está desagregado nas diferentes fases do proxecto: a infraestrutura interna en Portugal, a conexión luso-española, a infraestrutura en chan español, a conexión entre España e Francia entre Barcelona e Marsella, a infraestrutura gala que conecta con Alemaña (chamada HyFen) e a infraestrutura alemá que conecta con Francia (H2Hercules). Supondrá unha inversión prevista conxunta de alrededor de 2.500 millóns de euros.
"A era dos fondos europeos para infraestrutura de enerxía fósil terminouse. Agora é o momento de investir en infraestrutura enerxética máis flexible, descentralizada e nun sistema dixitalizado", declarou na presentación da lista a comisaria de Enerxía, Kadri Simson.
Esta sexta lista de Proxectos de Interese Común (PIC) inclúe por primeira vez iniciativas relacionadas co hidróxeno como fonte de enerxía, excluíndo os novos proxectos de gas, en liña coa ambición do bloque de desprenderse dos combustibles fósiles.
Con todo, si recolle adaptacións da infraestrutura gasística para o transporte de hidróxeno, manobra onde as ONG ecoloxistas ven unha brecha para financiar á industria fósil pola porta de atrás.
Unha das conexións do H2med pasará por Galicia
Con respecto ás conexións eléctricas que recolle a lista de proxectos enerxéticos de interese común da UE, están incluídos outros tres españois que xa constaban en listas anteriores.
Trátase en concreto da interconexión entre España e Portugal a través de Galicia, a interconexión entre España e Francia polo País Vasco coñecida como Golfo de Biscaia e as dúas seccións da conexión entre España e Francia a través dos Pireneos (unha por Navarra e a outra por Aragón).
Por último, o texto recolle tamén dúas estacións de almacenamento de electricidade con hidrobombeo, unha en Navaleo (León), que xa estaba en versións anteriores do documento, e outra nos Guajares (Granada), pero exclúe un proxecto similar en Velilla del Río Carrión (Palencia) que constaba na versión anterior.