Publicador de contidos
Publicador de contidos

O home asasinado a tiros en Alacant era un piloto ruso que desertara a Ucraína

O home asasinado a tiros en Alacant era un piloto ruso que desertara a Ucraína

Maxim Kuzminov recibiu media ducia de impactos de bala 

G24.gal 20/02/2024 13:33

O home asasinado a tiros a semana pasada nun garaxe da localidade alacantina da Vila Joiosa era un militar ruso que desertara en agosto para entregarse ao exército ucraíno co helicóptero que pilotaba.

Maxim Kuzminov recibiu media ducia de impactos de bala e posteriormente os seus asasinos pasaron por riba do cadáver co coche que utilizaron para fuxir. O vehículo foi localizado calcinado pouco despois nunha poboación veciña.  

Antes de ser enviado á fronte ucraína, o piloto ruso asasinado estaba destinado nunha base do extremo oriental de Rusia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade