Publicador de contidos
Publicador de contidos

O hospital do Barbanza terá unha unidade de día para enfermos oncolóxicos

O hospital do Barbanza terá unha unidade de día para enfermos oncolóxicos

O obxectivo é evitarlles aos pacientes de cancro teñan que ir a Santiago de Compostela para someterse aos tratamentos

G24.gal 06/08/2024 15:42

O hospital do Barbanza disporá dunha unidade de día para enfermos oncolóxicos no 2025.

Así o sinalou este martes o conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, na súa visita ao hospital.

O obxectivo deste centro é evitar os pacientes de cancro o esforzo e as molestias que supoñen os desprazamentos frecuentes a Santiago de Compostela para someterse aos tratamentos programados.

Xunto a esta prioridade, o conselleiro remarcou que o seu departamento traballa noutros compromisos adquiridos para mellorar este hospital da rede do Sergas, entre os que citou a creación dunha área de críticos e a ampliación da área de hospitalización.

O máximo responsable da sanidade pública galega tamén fixo referencia a outras melloras levadas a cabo pola Xunta no Hospital de Barbanza, entre as que destacou a renovación da climatización e reparación da fachada, a posta en marcha do heliporto ou a reforma do segundo andar para ampliar as consultas externas.

Segundo lembrou, as melloras postas en marcha neste hospital tamén abarcan o apartado de persoal xa que, por medio da lei que permite cubrir prazas de difícil cobertura a través dun concurso de méritos, facilitouse a incorporación de sete novos especialistas en áreas como anestesioloxía e reanimación, medicina interna, pediatría ou radiodiagnóstico.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos