Cargando resultados...
O IES de Vilamarín convértese nun centro integrado de FP
O IES de Vilamarín convértese nun centro integrado de FP
Amplían a oferta con tres novos módulos agro-hostaleiros
Haberá 90 prazas máis, chegarase ás 400
Visita do Conselleiro de Educación ao centro de FP de Vilamarín
G24.gal
10/06/2023 14:34
Última actualización 10/06/2023 15:51
A Xunta segue a ampliar e especializar a oferta de formación profesional.
Un exemplo é o instituto do concello de Vilamarín que incrementará nun 25 % o número de prazas e chegará a case 400 alumnos. Vanse introducir módulos vinculados ao sector agro-hostaleiro coa nova figura do centro integrado.
A taxa de emprego dos alumnos que saen deste centro é practicamente do cen por cento.