Publicador de contidos
Publicador de contidos

O incendio de Castelló segue fóra de control con 3.800 ha calcinadas e 1.500 evacuados

O incendio de Castelló segue fóra de control con 3.800 ha calcinadas e 1.500 evacuados

A situación é crítica desde que o lume pasou a un barranco de difícil acceso poñendo en perigo o Parque Natural da Serra de Espadán

Os alcaldes xa explicaron que os veciños non poderán volver ás súas casas ata o domingo como mínimo

G24.gal 24/03/2023 21:07 Última actualización 24/03/2023 21:17

O incendio de Villanueva de Viver evoluciona favorablemente na provincia de Teruel, pero en Castelló as lapas continúan fóra de control. A situación é crítica desde que o lume pasou a un barranco de difícil acceso poñendo en perigo o Parque Natural da Serra de Espadán, onde os medios aéreos traballan arreo para tentar frear o seu avance.

Unhas 1.500 persoas de 8 localidades foron evacuadas pola proximidade das lapas e a virulencia do lume como medida preventiva. Moitos foron realoxados en polideportivos e hostais de Segorbe e Onda, e outros marcharon a casas de familiares ou a segundas residencias. Os alcaldes xa explicaron que a maioría non poderán volver ás súas casas ata o domingo como mínimo.

Máis de 500 efectivos de diversas comunidades, e tamén da Unidade Militar de Emerxencias, participan nas tarefas de extinción, apoiados por drons que realizan voos de recoñecemento.

O lume xa arrasou 3.800 hectáreas entre Castelló e Teruel e agora a confianza está posta no 70 por cento de humidade ambiental que se vai acadar esta noite, algo que pode axudar nun terreo que leva varios meses sen recibir unha gota de chuvia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade