Publicador de contidos
Publicador de contidos

O incendio de Folgoso do Courel está activo, pero o seu perímetro está asegurado

O incendio de Folgoso do Courel está activo, pero o seu perímetro está asegurado

Mantense o nivel dous polos rescaldos que o dispositivo de extinción vixía para evitar reproducións

Os 900 veciños desaloxados xa volveron ás súas casas

G24.gal 22/07/2022 14:40

Tras nove días de tensa loita contra o lume, chegou a calma á serra do Courel. O incendio segue activo, pero xa está asegurado o seu perímetro. Aínda así non se baixa a garda.

 Pódese ver dende o aire a devastación. Máis de 11.000 hectáreas carbonizadas, dez mil delas dentro do Xeoparque.

En medio desta desolación, as boas novas chegaban desde A Devesa da Regueira, a maior reserva ecolóxica da serra, unha paraxe única. Tamén están xa nas súas casas os 900 veciños desaloxados.

O concello de Folgoso do Courel, un dos máis afectados, pedirá a declaración de zona catastrófica.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade