Cargando resultados...
Estabilizado o incendio de Viana do Bolo tras calcinar 102 hectáreas
Estabilizado o incendio de Viana do Bolo tras calcinar 102 hectáreas
Esta tarde Medio Rural deu por controlado o incendio en Porto do Son
Un helicóptero traballa para sufocar as lapas en Viana do Bolo
G24.gal
28/08/2022 12:44
Última actualización 28/08/2022 18:51
Xa non hai lumes activos en Galicia. O incendio que estaba activo desde a noite deste sábado en Viana do Bolo quedou estabilizado esta tarde, segundo confirmou Medio Rural. As lapas calcinaron 102 hectáreas.
Controlado o lume en Porto do Son
O lume que se activaba na mañá do sábado concello de Porto do Son deuse por controlado esta tarde tras calcinar 82 hectáreas.
Ademais, o lume que afectou á serra do Xurés foi extinguido na noite do sábado despois de queimar 625,2 hectáreas; das que 46,36 foron de arborada e o resto de monte raso.