Publicador de contidos
Publicador de contidos

O influencer galego Xurxo Carreño ten millóns de seguidores nas redes sociais

O influencer galego Xurxo Carreño ten millóns de seguidores nas redes sociais

Ten un millón de seguidores en Youtube, dous millóns no Instagram e catro millóns no TikTok 

G24.gal 20/04/2023 21:38 Última actualización 20/04/2023 21:49

Xurxo Carreño é un ourensán que é toda unha sensación nas redes sociais, onde conta os seus seguidores por millóns. Di que a constancia e o bo humor son o segredo para que o que comezou coma un entretemento se convertera na súa profesión.

"Son influencer, humorista, cómico…".

O certo é que moi probablemente non precise moita presentación. Millóns de persoas ven os seus vídeos cada día nas redes sociais. Máis dun millón de persoas están subscritas ao seu canal de YouTube, supera tamén os dous millóns no Instagram. Só no TikTok ten catro millóns de seguidores. Fai dobraxes, vídeos reacción ou mesmo receitas de cociña. Sempre co humor por bandeira.

"Cando algo che gusta, a xente veo, di mira vese cómodo facendo o que fai, nótase natural, e eu creo que iso é o que lle gusta á xente. Son constante, levo moitos anos facendo vídeos. Actualmente estou facendo dous vídeos ao día, e o que lle gusta a xente é a naturalidade. Ser galego, ter ese humor, esa retranca, vén da miña nai e do meu avó, creo...".

Comezou nisto das redes sociais no 2015; agora, aos seus 32 anos pode dicir que este é o seu traballo. O ano pasado publicou arredor de 470 vídeos.

"Teño axencia, teño mánager, teño un equipo detrás que leva todo o tema de entrevistas, de publicidade, de contactar coas marcas e si, pódese gañar cartos estes días coas redes sociais, á fin é publicidade, vénche unha marca X e diche "quero que a publicites", custa isto, pois é así, un traballo coma outro calquera".

Conta que hai días que os seguidores medran por milleiros, así que a fama é inevitable. Con todo, di sentirse un privilexiado por chegar cada vez a máis xente, e de todas as idades.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade