Cargando resultados...
O ingreso mínimo vital só alcanza ao 6 % das persoas baixo o limiar da pobreza en Galicia
O ingreso mínimo vital só alcanza ao 6 % das persoas baixo o limiar da pobreza en Galicia
Son datos feitos públicos pola Asociación de Directoras e Xerentes de Servizos Sociais, que asegura que en Galicia hai pouco máis de 36.000 beneficiarios
G24.gal
12/11/2021 10:10
O ingreso mínimo vital só alcanza o 6 % das persoas que viven baixo o limiar da pobreza en Galicia e a media de toda España sitúase no 8 %.
Son datos feitos públicos pola Asociación de Directoras e Xerentes de Servizos Sociais, que asegura que en Galicia hai pouco máis de 36.000 beneficiarios.
Segundo este mesmo informe, a Seguridade Social só desembolsou 1.400 dos case 3.000 millóns que o ingreso mínimo vital ten presupostado para toda España.
O informe asegura que isto débese, en parte, á complexidade do procedemento e a uns requisitos moi esixentes para poder recibilo.