Publicador de contidos
Publicador de contidos

O investigador principal sinala a Sandamil como autora do crime da súa filla

O investigador principal sinala a Sandamil como autora do crime da súa filla

Os axentes que declararon no xuízo salientan os indicios de violencia na vivenda

G24.gal 01/03/2023 19:48

Na terceira sesión do xuízo polo crime de Muimenta declararon todos os axentes da Garda Civil que estiveron relacionados co caso.

O xefe da investigación di que a morte de Desirée foi o resultado duns feitos violentos. E non ten dúbidas de que a súa nai Ana Sandamil foi a responsable. 

"O escenario non era compatible cunha inxestión accidental de medicamentos. Observábanse indicios de violencia".

Uns indicios que xa sinalaran os técnicos sanitarios e que tamén viron os primeiros axentes en acudir ao domicilio.

"Puiden ver que había algo de sangue no chan, nun calcetín, nun zapato e nos dous extremos da almofada. E na boca da nena tamén".

Indicios que contrastaban coa primeira declaración de Sandamil ante a Garda Civil xa ingresada no hospital de Lugo.  

"Cría que había unha botella cun líquido con pílulas no seu cuarto e viu que se consumira bastante líquido desa botella. E que cre que o bebeu a nena. Era unha botella cunhas pílulas que ela mesturara uns días atrás nun momento en que non se atopaba moi ben".

A sesión deste xoves podería ser transcendente para o xuízo coa declaración dos peritos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade