Publicador de contidos
Publicador de contidos

O IPC sobe ao 3,2 % en marzo polo encarecemento da luz e os carburantes

O IPC sobe ao 3,2 % en marzo polo encarecemento da luz e os carburantes

Co avance do IPC interanual no terceiro mes do ano, a inflación volve rexistrar ascensos despois do retroceso de seis décimas que experimentou en febreiro e que levou a inflación ao 2,8 %

Baixa dúas décimas a inflación subxacente, que non inclúe enerxía nin alimentos frescos e queda nun 3,3 %

G24.gal 27/03/2024 08:55

O índice de prezos de consumo subiu un 0,8 % en marzo en relación ao mes anterior e elevou catro décimas a súa taxa interanual, ata o 3,2 %, debido ao encarecemento da electricidade e os carburantes, segundo os datos avanzados este mércores polo Instituto Nacional de Estatística, que destaca que, por contra, os prezos dos alimentos subiron en marzo menos que en igual mes de 2023.

Co avance do IPC interanual no terceiro mes do ano, a inflación volve rexistrar ascensos despois do retroceso de seis décimas que experimentou en febreiro e que levou á inflación ao 2,8 %, o seu nivel máis baixo desde agosto de 2023.

Este aumento de marzo, que aínda ten que ser confirmado por Estatística, devolve ademais ao IPC a taxas superiores ao 3 % tras baixar desa cota o mes pasado cando levaba entón cinco meses consecutivos por encima desa porcentaxe.

O INE incorpora no avance de datos do IPC unha estimación da inflación subxacente (sen alimentos non elaborados nin produtos enerxéticos), que en marzo baixou dúas décimas, ata o 3,3 %, taxa unha décima superior á do IPC xeral.

En termos mensuais (marzo sobre febreiro), o IPC avanzou oito décimas, rexistrando o seu terceiro incremento mensual consecutivo e o máis pronunciado desde febreiro de 2023, cando subiu un 0,9 %. No mes de marzo a taxa de variación anual estimada do Índice de Prezos de Consumo Harmonizado (IPCA) sitúase no 3,2 %, tres décimas por encima da rexistrada o mes anterior. Pola súa banda, a variación mensual estimada do IPCA é do 1,3%. O INE publicará os datos definitivos do IPC de marzo o próximo 12 de abril.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar