O IV Simposio de Oncoloxía de Precisión reclama que estas terapias se inclúan no Sistema Nacional de Saúde
O IV Simposio de Oncoloxía de Precisión reclama que estas terapias se inclúan no Sistema Nacional de Saúde
O IV Simposio de Oncoloxía de Precisión reclama que estas terapias se inclúan no Sistema Nacional de Saúde
Unha vintena de especialistas expoñen en Vigo os últimos avances no tratamento personalizado do cancro
Unha vintena de especialistas presentan hoxe e mañá en Vigo os avances na procura de tratamentos contra o cancro deseñados á medida dos pacientes. É dicir, a chamada oncoloxía de precisión.
Por exemplo, nalgúns tipos de cancro de pulmón, estas terapias elevan por riba dos cinco anos a supervivencia, un obxectivo impensable ata hai pouco. Os tratamentos á carta, que teñen en conta o carácter único de cada doente e que por iso teñen máis posibilidades de éxito, son o futuro pero neste simposio de oncoloxía de precisión, os relatorios coinciden en reclamar xa a súa inclusión na carteira de servizos do sistema nacional de saúde.
O cancro non é unha enfermidade igual para todos e coñecer que hai tantas diferenzas como persoas afina a procura do tratamento máis axeitado para cada caso.
Na medicina de precisión, o diagnóstico molecular do cancro ten unha aliada imprescindible: a informática.
Os participantes neste cuarto simposio nacional de oncoloxía de precisión que se celebra en Vigo reclaman o acceso universal a estas terapias.
Os tumores máis susceptibles de ser tratados con oncoloxía de precisión son unha parte dos de pulmón, os de mama, os colorrectais, os gástricos e os de próstata.