Míchel Alonso presenta a dimisión despois da derrota co Langreo
Míchel Alonso presenta a dimisión despois da derrota co Langreo
Novo tropezo cando podían situarse en postos de play off
Tras catro remates ao traveseiro, o Langreo levouse a vitoria cun gol no 89'
O Compostela de Míchel Alonso segue sen convencer, esta vez caeu fronte a un rival directo polo play off, o Langreo, nun partido en que o traveseiro salvou aos galegos ata en catro ocasións. Ao rematar o partido o adestrador
O partido comezou con boas sensacións para o Compostela, que nos primeiros 25 minutos parecían levar a iniciativa. Foi a partir do minuto 27, no que os visitantes se toparon por primeira vez co traveseiro, cando o partido se volveu nun ida e volta onde os de Míchel non remataban as súas chegadas. Quen si finalizaba era o Langreo, que no tramo final da primeira metade dispuxo de varias chegadas para adiantarse, incluído outro remate ao traveseiro no 40'.
Na segunda metade, outro remate ao traveseiro nada máis comezar, minuto 48, meteu o medo nos xogadores do Compos, que tardaron en meterse de volta no encontro. Os de Míchel só puxeron en perigo aos asturianos con remates dende fóra da área, e cando parecía que o encontro ía finalizar con empate, en dous minutos os visitantes chegaron por dúas veces con claridade, primeiro para rematar por cuarta vez ao traveseiro no 85', e logo no 87' para anotar o gol do triunfo tras unha boa combinación finalizada por Luis Sanchez.
O Langreo sitúase 5º, en play off con 38 puntos, o Compostela queda 8º, con 36 puntos.