Publicador de contidos
Publicador de contidos

Máis de 9.000 seareiros do Leyma Básquet enchen o Coliseum na estrea do equipo

Máis de 9.000 seareiros do Leyma Básquet enchen o Coliseum na estrea do equipo

O equipo coruñés, debut épico na ACB contra o Real Madrid

G24.gal 29/09/2024 21:06 Última actualización 29/09/2024 22:21

A Coruña levaba máis de medio século sen un equipo na máxima categoría do baloncesto español. Por iso este domingo foi histórico para a cidade, pero sobre todo para os seareiros do Leyma Básquet Coruña, que debutou na ACB na que xa é a súa nova casa, o Coliseum, ante o vixente campión, o Real Madrid.

A Coruña quere baloncesto. O latexo da afección sentiuse nas horas previas á estrea do Leyma Básquet Coruña na ACB, no tráfico denso para chegar ao Coliseum, coma nos días dos grandes concertos, nas colas para conseguir a bufanda conmemorativa, no laranxa dominante nesta tarde para o recordo.

O baloncesto coruñés tardou 56 anos en regesar á elite. Demasiado tempo e demasiadas ganas. Encher o Coliseum era inevitable.  9.300 almas vibraron no debut do Básquet Coruña contra o xigante Real Madrid. Houbo final épico nun partido que xa é historia do deporte coruñés.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade