Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Leyma Coruña vence con autoridade no derbi da LEB Ouro

O Leyma Coruña vence con autoridade no derbi da LEB Ouro

Foto: @COBSAD
G24.gal 30/12/2023 14:46

Onte disputouse o derbi da LEB Ouro entre o Leyma Coruña e mais o Club Ourense Baloncesto. O triunfo foi para os herculinos.

E iso que o COB logrou canastras espectaculares como unha tripla de Javi López. O pivote croata Ivica Radic foi o mellor dos ourensáns con 27 puntos. A vitoria foi clara do Leyma, por 29 puntos de diferenza. O COB só puido aguantar ata o terceiro cuarto. Daquela, as triplas de Yunio Barrueta dispararon as vantaxes do equipo coruñés que volveu amosar o seu podería ofensivo. En 5 dos 15 partidos disputados chegou aos 100 puntos de anotación.

O equipo de Diego Epifanio suma o cuarto triunfo seguido. Aproxímase aos outros favoritos ao ascenso, Burgos e Estudiantes, que xogan hoxe entre eles. O COB segue cómodo, na zona intermedia da clasificación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos