O líder de Wagner: "Non queriamos derrocar o Goberno ruso"
O líder de Wagner: "Non queriamos derrocar o Goberno ruso"
Prigozhin di que só quería protestar contra os que cometeron erros na guerra de Ucraína
Yevgueni Prigozhin reapareceu para lanzar unha mensaxe a través de Telegram. O xefe do Grupo Wagner asegura que coa sublevación armada desta fin de semana non pretendían derrotar o Goberno ruso senón protestar contra os que cometeron erros na guerra de Ucraína. Quería salvar a súa compañía privada de mercenarios da orde de Putin e do ministro de Defensa, que o obrigaba na práctica a poñerse baixo o mando do exército ruso.
Prigozhin confirma que Wagner desaparecerá o 1 de xullo. Pero a mensaxe non dá pistas sobre o seu paradoiro. Din que o viron en Belarús, pero nin Minsk nin el o confirman.
A crise non está pechada e o caso penal contra Prigozhin non se anulou, como se asegurou que se ía facer.
A rebelión de Wagner pon contra as cordas o futuro do ministro de Defensa ruso
O futuro do líder do grupo Wagner é unha incógnita, como tamén o é o futuro do obxecto da súa ira, o ministro de Defensa ruso Serguei Shoigu. Nas últimas hora difundiron imaxes visitando as tropas rusas en Ucraína, pero o vídeo non ten referencias temporais polo que se descoñece se foi gravado antes ou despois da rebelión dos mercenarios de Wagner. Moscova confirma que, de momento, Shoigu segue no cargo.