Publicador de contidos
Publicador de contidos

González Formoso celebra que a Lei de pesca sostible salde "unha débeda histórica"

González Formoso celebra que a Lei de pesca sostible salde "unha débeda histórica"

O líder do PSdeG lembra que a aplicación do coeficiente redutor para a xubilación para bateeiros, redeiras e mariscadoras era unha das demandas do sector 

G24.gal 27/09/2022 14:48

O líder dos socialistas galegos acompañou unha representación dos mariscadores e bateeiros de Galicia que foron ao Congreso. Mantiveron unha reunión de seguimento da lei de pesca sostible, actualmente en fase de tramitación parlamentaria.

Valentín González Formoso destacou que a lei recolle unha demanda histórica deses colectivos: a aplicación de coeficientes redutores da idade de xubilación. 

"Concrétase unha gran aspiración do sector, a incorporación ao sistema de prexubilacións aplicando un coeficiente redutor aos colectivos que teñen un traballo máis duro no mar. Estaban excluídos bateeiros, redeiras, mariscadoras...hoxe grazas á Lei de Pesca Sostible, están incorporados".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade