Publicador de contidos

Publicador de contidos

O lobo mata cinco cordeiros e catro ovellas nunha explotación de Chantada

O lobo mata cinco cordeiros e catro ovellas nunha explotación de Chantada

O dono valora nuns 700 euros as perdas sufridas neste último ataque

Sobreviviron dous años, que quedaron malferidos
Félix Aragunde 10/02/2025 13:30

No prado onde pacía o rabaño aínda se poden ollar os restos de lá das ovellas que apareceron mortas, que agora xacen ao pé da explotación no Outeiro, na parroquia chantadina de Pesqueiras. En total morreron catro animais adultos, incluído un carneiro, e mais cinco cordeiros. Só sobreviviron dous años, que quedaron malferidos.

Uxío Lorenzana, titular da explotación"Todas mortas. Só había dous años coxeando ao lado dunha das devoradas. A unha só lle quedaban as patas dianteiras e o tronco, e outra estaba toda aberta. Había outra morta e un macho duns 90 quilos, asfixiado".

Ademais, outros dous cordeiros desapareceron. En total, o dono da explotación valora as perdas nuns 700 euros. Non é o primeiro ataque que sofren os seus animais, posto que o ano pasado o lobo tamén lle matara un corricho duns tres meses.

Uxío Lorenzana, titular da explotación: "Nun souto temos unha porca parideira con crías, e coméronme un porco que pesaba uns 40 quilos. Pedín compensación por danos do lobo, e a Xunta contestoume que se non era porco celta non me aboaban nada".

Segundo datos oficiais, no último ano rexistráronse máis de 2.000 ataques do lobo ao gando, a metade na provincia de Lugo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade