O lobo mata cinco ovellas moi preto das casas de Cives, en Mazaricos
O lobo mata cinco ovellas moi preto das casas de Cives, en Mazaricos
Os animais pastaban nunha parcela próxima ás vivendas e que conta cun peche perimetral de dous metros de altura
Cinco ovellas mortas foron o resultado do último ataque do lobo en Mazaricos. Os animais, pertencentes a unha gandería de Cives de Arriba, pastaban nunha parcela próxima ás vivendas e que conta cun peche perimetral de dous metros de altura.
A pesar de matar cinco dos sete animais que había no lugar, o máis sorprendente é que non comeu as ovellas, e todo fai indicar que foi porque se asustou ao oír o ruído dalgunha das casas da aldea, que están a uns 30 metros.
Non é a primeira vez que o lobo ataca nesta zona de Mazaricos, pero nunca tan cerca das vivendas. Os afectados piden que as administracións tomen medidas para mantelos afastados do gando e das casas.