Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Lugo quere volver á vitoria dunha vez por todas

O Lugo quere volver á vitoria dunha vez por todas

Paulo Álves aínda non viu o seu equipo gañar

G24.gal 27/01/2024 15:03

A derrota do pasado domingo en Tarragona espertou o espírito autocrítico en Paulo Alves tras sufrir a súa cuarta derrota como técnico do Lugo.

"Fáltanos aínda unha mentalidade competitiva gañadora. Dou un exemplo: no partido do Nástic tivemos dez córners e non consegues nada e o rival con catro fai dous goles".

Aínda así, o técnico portugués ten claro por onde pasa a melloría dun equipo que acumula seis encontros sen gañar. Outro dos problemas detectados por Paulo Alves atópanse na fase ofensiva con catro xornadas de seca.

"Fáltanos máis capacidade para chegar, para penetrar, para tirar a portería, para rematar, máis destreza, máis velocidade".

Con todo e malia os resultados, o técnico séntese apoiado polo club pese a non sumar tres puntos desde a súa chegada. As 19 na G2, o Lugo confrontará a súa crise coa dunha Real Sociedade que só sumou tres dos últimos dezoito puntos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar