O Lugo resiste e suma tres puntos en Sestao (0-1)
O Lugo resiste e suma tres puntos en Sestao (0-1)
Tabuaço salvou os lucenses con varias paradas no primeiro acto
Willy Ledesma anotou o único gol cunha boa testada
O C. D. Lugo sumou tres puntos na súa visita ao Sestao River nun partido igualado que ben puido ter varios goles máis.
A primeira metade non foi a mellor do Lugo no que vai de tempada. O Sestao tivo grandes ocasións chegada a primeira media hora de partido, pero Tabuaço erixiuse como o mellor dos visitantes con dúas grandes paradas. Pese ao sufrimento, os lucenses probaron o gardarredes local cun disparo dende lonxe da área ao fío do descanso.
Ao comezo do segundo acto, o Lugo dispuxo dunha clara ocasión que non deu materializado en gol. Tras pasar por vestiarios, o dominio local disolveuse pouco a pouco e Willy Ledesma adiantou o Lugo cunha boa testada logo dunha fermosa xogada colectiva. O tanto foi no minuto 67 e, tras el, os lucenses tiveron un par de ocasións para sentenciar antes de que lle fora anulado un gol aparentemente legal ao Sestao River.
A resitencia do Lugo outórgalle tres valiosos puntos a domicilio que o sitúan polo momento na sexta posición e a un punto do playoff.