Cargando resultados...
O Lugo xoga o primeiro partido da pretemporada en Portugal
O Lugo xoga o primeiro partido da pretemporada en Portugal
Xoga ante o Casa Pia, que ascendeu á primeira división por primeira vez na súa historia
G24.gal
13/07/2022 14:05
Última actualización 13/07/2022 14:09
O Lugo vai nestes momentos á localidade portuguesa de Melgaço. Ali xogará esta tarde co Casa Pia.
Volveu Manu Barreiro e Neyder Lozano, que, se cadra, disporá de minutos neste primeiro encontro de pretemporada. Lozano está gustando nos adestramentos.
Quen dificilmente xogará é Jordi Calavera, que acaba de chegar ao Lugo.
Será a estrea do equipo de Hernán Pérez neste verán. Comeza outro proxecto, veremos con que novidades e diferenzas con respecto ao recente pasado. O rival desta tarde leva máis días de traballo e ascendeu á primeira division por primeira vez na súa historia.