O móbil économico e os celos poderían estar detrás do crime do Barco de Valdeorras
O móbil économico e os celos poderían estar detrás do crime do Barco de Valdeorras
A Garda Civil detivo dúas mulleres como presuntas autoras da morte violenta dunha moza
Trátase da compañeira de piso da vítima e dunha amiga
As detidas pasarán a disposición xudicial o xoves no Barco
Había tres anos que se trasladara a vivir a España dende O Paraguai buscando un futuro mellor para ela e a súa familia. Tiña 28 anos. O pasado 10 de setembro o seu corpo apareceu con signos de violencia no piso que compartía con outra muller no Barco de Valdeorras.
Foi precisamente a súa compañeira a que alertou as forzas de seguridade. Dous meses despois, a Garda Civil acaba de prendela xunto a outra muller de orixe brasileira, como presuntas autoras da morte de Leticia Magalí Sanabria.
Nun primeiro momento dixeron as forzas de seguridade que atoparan o corpo ao acceder ao piso, despois de que quedaran coa vítima e non aparecera. A autopsia confirmou que morreu asfixiada.
Sospeita que tamén tiña a súa familia no Paraguai, coa que falara o día antes da súa morte dicíndolle que ía enviarlles unha importante cantidade de diñeiro a través dunha persoa de confianza.
As detidas foron traladadas á comandacia de Ourense. Está previsto que presten declaración perante a xuíza que instrúe o caso este xoves.