Publicador de contidos
Publicador de contidos

O maior parque solar de Europa flota nun encoro de Portugal

O maior parque solar de Europa flota nun encoro de Portugal

A planta está no encoro de Alqueva, no Alentejo

Comezará a funcionar nuns días e dará enerxía a 1.500 familias

12.000 placas solores flotan no encoro de Alqueva en Évora
Alberto Mancebo 07/06/2022 13:47

En Portugal está todo listo para poñer a funcionar o parque solar máis grande de Europa. A peculiaridade é que as placas fotovoltaicas están flotando nun encoro.

Con este proxecto pioneiro Portugal volve ser referente en canto a enerxías renovables. Son 12.000 placas colocadas nas tranquilas augas do encoro de Alqueva no distrito alentexano de Évora, á altura da provincia de Badaxoz, unha das zonas de máis horas de sol de Europa.

O proxecto dará enerxía a 1.500 familias e comezará a subministrar electricidade en tan só uns días.

Esta planta de Alqueva forma parte da estratexia portuguesa para limitar a dependencia do gas e reafirmar o liderado dos nosos veciños nas renovables.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade