Publicador de contidos
Publicador de contidos

O mar de ardora xa é visible nas praias do sur de Galicia

O mar de ardora xa é visible nas praias do sur de Galicia

O Intecmar detecta nas mostras Noctiluca scintillans, o organismo mariño bioluminiscente que causa o fenómeno

O mar de ardora non se ve nesta época do ano desde 1996 

No Intecmar detectaron nas mostras dos últimos días 'Noctiluca scintillans'
G24.gal 01/07/2022 08:22 Última actualización 01/07/2022 09:06

O organismo mariño que provoca o fenómeno coñecido como mar de ardora chegou este ano antes do habitual á costa galega. Desde 1996 non aparecía xa neste mes.

"Basicamente é unha acumulación de fitoplancto con capacidade de bioluminiscencia", di Xesús López Romalde, Catedrático de microbioloxía da USC.

Hai varias especies con esa capacidade, pero a máis habitual é a Noctiluca scintillans

Mostras no Intecmar

No Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia monitorizan as concentracións de fitoplancto tóxico en 120 estacións. No laboratorio de Oceanografía fan os informes diarios. 

Este ano xa detectaron a presenza de Noctiluca e doutra microalga, a Dinohpysis acuta, que si é tóxica e que xa obrigou a pechar algunha zona de produción.

"Este ano é excepcional porque temos 'Noctiluca' adiantada. Normalmente aparece máis adiante, no verán. Xa empezou na primavera. E o 'acuta' tamén está adiantado", conta Yolanda Pazos, xefa da Unidade de Oceanografía do Intecmar. 

 

Para gozar do mar de ardora é necesario que non haxa moita contaminación luminosa Para gozar do mar de ardora é necesario que non haxa moita contaminación luminosa

Condicións meteorolóxicas

Os ventos do sur e as augas cálidas favorecen a chegada á costa deste dinoflaxelado. Polo día apréciase unha mancha alaranxada e pola noite verase luz cando non haxa contaminación luminosa. Estes días xa chegou a praias de Sanxenxo e Portonovo, e tamén na Costa da morte, en Camariñas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade