Cargando resultados...
O 'Mata Mua' de Paul Gauguin volve ao museo Thyssen de Madrid
O 'Mata Mua' de Paul Gauguin volve ao museo Thyssen de Madrid
O cadro, que permanecía gardado nun depósito subterráneo de Andorra, foi trasladado dentro dunha caixa de 80 quilos especialmente fabricada para a ocasión
G24.gal
08/02/2022 09:03
Dous anos despois, o Mata Mua de Paul Gauguin está de regreso no Museo Thyssen-Bornemisza de Madrid.
O cadro, que permanecía gardado nun depósito subterráneo de Andorra, foi trasladado dentro dunha caixa de 80 quilos especialmente fabricada para a ocasión.
Esta mañá será desembalado e colocado nun lugar destacado da pinacoteca madrileña. Este mércores está prevista a sinatura do contrato de alugueiro de 6,5 millóns de euros anuais entre o Goberno e Carmen Thyssen, polo que a colección privada da aristócrata permanecerá no museo madrileño durante os próximos quince anos.