O Mecalia Guardés defenderá en Turquía seis goles de vantaxe
O Mecalia Guardés defenderá en Turquía seis goles de vantaxe
Gañou por 23-17 ao Antalya na ida da final da EHF European Cup
O Mecalia Guardés gañoulle ao Antalya turco por 23-17 e defenderá os seis goles de vantaxe a vindeira fin de semana na volta da final da EHF European Cup.
O partido comezou igualado (4-3) pero pronto comezou o Mecalia a coller vantaxes de ata catro goles (8-4). Contra o final do primeiro tempo e levadas polo público da Sangriña as da Guarda fóronse de cinco goles (12-7), diferenza que mantiveron no tempo de lecer (15-10).
Na segunda parte custou moito máis marcar goles. Chegaban a contapingas grazas á boa actuación das dúas porterías e coa complicidade das defensas. O Mecalia marcou unha máxima de seis (18-12) e as vantaxes nunca baixaron dos catro goles. Ao final gañou por 23-17 logo dun gran partido. En Turquía haberá que traballar moito para gañar a primeira competición europea da historia do balonmán galego.