Publicador de contidos
Publicador de contidos

O mellor docente universitario pensa que as clases deben ser presenciais

O mellor docente universitario pensa que as clases deben ser presenciais

Alexandre Sotelino considera que o ensino virtual marca moitas distancias

O alumnado universitario está de exames e pode optar pola vía telemática

G24.gal 16/01/2022 14:13

O pedagogo e profesor da USC Alexandre Sotelino foi elixido hai dous meses o mellor docente universitario de España pola súa combinación de aprendizaxe nas aulas, no ámbito cooperativo, no dos servizos sociais e tamén nas visitas institucionais co alumnado, como por exemplo ao Parlamento.

Os tempos pandémicos supuxeron un cambio substancial na universidade no manexo das ferramentas dixitais, pero Sotelino cre que as pantallas marcan moitas distancias:

 "De que nos serviu esta época pandémica? Pois para darnos conta de que a docencia ten que ser presencial e ten unha parte emocional importante. Todos os que estivemos impartindo clases de maneira virtual démonos conta de que non se aprende igual e que non transmites igual. Era feo, eu sentíame incómodo falando para unha pantalla en negro".

Os universitarios galegos comezaron esta semana os exames cuadrimestrais, marcados pola sexta onda da covid e pola posibilidade de aprazalos:

 "As opcións que se nos deron só foron ou mudar de data o exame, que é algo que non é habitual porque son as datas oficiais e demais, ou facer o exame de maneira virtual, as probas finais de maneira virtual. No noso caso optamos por facelos de maneira virtual. Para que teñas un exemplo, eu tiven unha proba final o venres pasado, hai dous días, dunha das materias que imparto. De 150 alumnos, 15 estaban na súa casa realizándoa, é dicir, o 10 %".

En definitiva, Sotelino aposta por implementar metodoloxías eficaces, pola presenza directa do alumnado e tamén por compartir claves xeracionais nunha estratexia de aproximación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade