O mellor viño branco de Galicia, na comarca do Salnés
O mellor viño branco de Galicia, na comarca do Salnés
A adega do Pazo de Rubiáns foi distinguida co Acio de Ouro nas Catas de Galicia
O Pazo de Rubiáns volve estar no máis alto na clasificación de calidade do viño. De novo foron merecedores do Acio de Ouro nas Catas de Galicia, nas que a cegas se valora a percepción sensorial dos nosos caldos.
Despois de 14 colleitas, nesta adega saben ben que o punto da maceración é moi importante. Trátase dun delicado proceso dende que se recolle a uva ata que chega á botella. Teñen catro clases de viño, pero este foi o gañador, o das camelias, sinal de identidade deste fermoso pazo.
Para a adega, o galardón supón un gran pulo a un viño branco moi demandado dende fóra das nosas fronteiras e cada vez máis en Galicia. O Pazo de Rubiáns domina dende o alto a comarca do Salnés e tamén o palmarés do viño.