Publicador de contidos
Publicador de contidos

O mercado coruñés de Elviña oferta locais de venda en condicións atractivas

O mercado coruñés de Elviña oferta locais de venda en condicións atractivas

Son cinco locais, dos 57 que integran a praza, baleiros por xubilación ou cesamento de actividade

Imaxe deste martes dun dos cinco postos en oferta no mercado de Elviña, na Coruña
G24.gal 23/01/2024 14:10

O mercado de Elviña quere retomar a oferta comercial plena despois de que a idade de xubilación e un par de cesamentos de actividade deixara baleiros 5 dos 57 locais.

"Todos os locais miden vinte metros cadrados, están practicamente listos de equipamento e o alugueiro son 35 euros mensuais durante tres anos. É como o Concello da Coruña che bota unha man para que poidas afianzar e que poidas emprender", explica Leonardo Tomé, presidente da Asociación de Comerciantes do Mercado de Elviña.

O representante dos praceiros considera que o de Elviña é un mercado moi activo en clientela e, en consecuencia, interesante para abrir negocio.

"É un mercado co 92 por cento de ocupación, un dos poucos de Galicia practicamente todo cheo, con futuro pola súa situación xeográfica, con aparcamento, con venda por Internet, co que cumprimos moitas expectativas do público", di Tomé.

Os clientes tamén o valoran como un bo sitio para mercar, e así o confirman outros vendedores.

"É un mercado que ten moito movemento", di unha vendedora. "E gústame máis que no súper", di unha clienta e outra conclúe: "Hai moita variedade e como vivo preto, prefíroo a unha tenda ou algo así".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar