Publicador de contidos
Publicador de contidos

O mes de abril en Galicia foi o máis cálido desde o ano 2011

O mes de abril en Galicia foi o máis cálido desde o ano 2011

A anomalía media de temperatura para ese mes foi de 2,4 graos

En canto ás chuvias, a precipitación media acumulada foi un 44 % inferior aos valores normais

G24.gal 07/05/2023 14:15 Última actualización 07/05/2023 14:58

O cambio climático provoca cada vez máis episodios de temperaturas extremas e de seca. e chega a alcanzar récords históricos, tamén aquí en Galicia. Na nosa comunidade este mes de abril foi o máis cálido desde o 2011.

Segundo o último informe climatolóxico elaborado por Meteogalicia, a anomalía media de temperatura para ese mes foi de 2,4 graos. En canto ás chuvias, a precipitación media acumulada foi un 44 % inferior aos valores normais.

"En Galicia cada decenio está aumentando a temperatura media uns 0,2 graos, que así parece moi pouco pero supón un incremento importante da frecuencia de vagas de calor", di Alberto Martí, profesor de Xeografía Física da Universidade de Santiago.

Comparado con outros anos, o mes de abril en Galicia tamén foi seco, a precipitación media acumulada foi un 44 % inferior aos valores habituais. 

Segundo os expertos, as vagas de calor e os períodos de seca van ser máis frecuentes e máis persistentes.

"Obsérvase unha diminución da cantidade de precipitacións sobre todo no verán e no outono, as chuvias van ser máis torrenciais e vanse concentrar nun menor número de días", engade Alberto Martí.

Os episodios de temperaturas moi elevadas e a escaseza de chuvias afectan á nosa saúde, a sectores produtivos como a agricultura e gandería e teñen efectos devastadores na biodiversidade e nos espazos naturais.

"Co aumento do nivel do mar, desde mediados do século pasado en Galicia produciuse un aumento de 18 centímetros e vai seguir aumentando", destaca.

Os científicos reclaman medidas rápidas e drásticas para evitar que a situación empeore pero, advirten, moitos dos efectos do cambio climático son xa irreversibles.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade